Skip to main content
Cervo

A campaña de voluntariado Coida Cervo fixo unha nova quedada

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

A campaña de voluntariado de limpeza e acondicionamento de espazos públicos, Coida Cervo, fixo unha nova quedada o xoves 29 de abril dende a Ponte Medieval do Bao.

Esta actividade ten por obxectivo poñer en valor as boas prácticas individuais no día a día no coidado e protección da contorna.

O Concello subministrou todo o material necesario para poder realizar a acción voluntaria; mantendo e respectando sempre todas as medidas de prevención fronte a covid-19.