Skip to main content
Foz

O Concello de Foz mellora as estradas en Cangas, Nois, Fazouro e San Martiño

Por 1 Abril, 2021Abril 3rd, 2021Sin comentarios

O Concello de Foz continúa coa súa política de mellora de infraestruturas nas distintas parroquias do municipio e agora aglomerou viarios en Cangas, Nois, Fazouro e San Martiño.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Concello de Foz ten máis de 500 quilómetros de camiños e vías públicas. Non podemos esquecernos do rural, o municipio abrangue algo máis de 100 quilómetros cadrados de territorio e fóra do casco urbano vive máis do 40 por cento da poboación do concello”.

Con cargo ao Plan Único 2020 da Deputación procedeuse ao aglomerado de viais en Cangas, Nois, Fazouro e San Martiño. Os camiños nos que se renovou o firme son os seguintes:

  • Camiño de subida a Mourente desde a estrada LU-P-2001, na parroquia de San Martiño, cunha lonxitude de 360 metros de actuación.
  • Camiño entre Vilarmea e a Rúa, en Fazouro, con 165 metros de lonxitude.
  • Camiño da Vía, en Cangas, no que se aglomeraron 105 metros de lonxitude.
  • Núcleo de Carpacide, en Nois.

En próximos días procederase á disposición da sinalización vertical e horizontal nestes camiños, pintándose a totalidade das marxes e as marcas viais necesarias.

O rexedor municipal recorda que a semana próxima comezarán os traballos de arranxo de firme nos accesos a Foz desde Marzán e Vilaxoane. “Unhas zonas con moitos baches e co firme en malas condicións, nas que vamos actuar naqueles tramos máis deteriorados. Os accesos que temos á vila non se corresponden coa importancia e a densidade de poboación que ten o núcleo urbano de Foz”, indica Fran Cajoto.