Skip to main content
Foz

Entrega dos últimos premios das xornadas gastronómicas de Foz

Por 24 Abril, 2021Sin comentarios

O concelleiro de Comercio focense, Chema Linares, entregou onte, venres, no Cenima os dez premios do sorteo para os participantes das cuartas xornadas gastronómicas da iniciativa imPULSA Foz, que se celebraron a pasada fin de semana e estiveron dedicadas aos produtos da horta da Mariña.

Durante as catro xornadas gastronómicas imPULSA Foz celebradas en marzo e neste mes de abril houbo un total de 40 premios, consistentes en vales de compra de 50 euros cada un para gastar na hostalería e no comercio focenses.

As xornadas gastronómicas imPULSA Foz foron organizadas polo Concello coa colaboración da ACIA local dentro do plan municipal de impulso á hostalería e ao comercio de Foz.