Skip to main content
BarreirosComarca AMARIÑAXAFoz

Alcaldes de Barreiros e Foz falan coa subdelegada do proxecto da praia de Altar

Por 26 Abril, 2021Abril 27th, 2021Sin comentarios

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse cos alcaldes de Barreiros, Ana Hermida, e Foz, Francisco Cajoto, para tratar sobre o proxecto de estabilización da praia de Altar. Na xuntanza, celebrada na Subdelegación do Goberno, tamén participaron o xefe do servizo provincial de Costas, José Miguel Estevan, e os tenentes de alcalde de Barreiros María do Carmen Veiga e de Foz Francisco Xavier Fanego. 

Isabel Rodríguez destacou que a xuntanza, convocada a petición dos dous alcaldes para expoñer o seu punto de vista respecto do proxecto, foi moi cordial e construtiva e agradeceu a boa disposición dos mandatarios municipais. 

A subdelegada adiantou que o Goberno analizará con toda atención e sensibilidade os argumentos que expoñan os dous concellos, pois as dúas administracións municipais son quen mellor representa o sentir da cidadanía de Barreiros e Foz. 

A subdelegada tamén lembrou que o proxecto está sometido a exposición pública ata finais desta semana para que tanto as administracións municipais como calquera colectivo ou cidadán interesado poida dar a súa opinión e formular propostas coas que tratar de resolver o problema de estabilidade na praia de Altar.