Skip to main content
Lourenzá

Unha mesa cos grupos políticos estuda o futuro do mosteiro de Lourenzá

Por 8 Abril, 2021Sin comentarios

Un grupo de traballo, composto polos representantes dos tres grupos políticos locais, está pendente de se reunir estes días para estudar cal será o futuro do mosteiro de San Salvador. Esta opción foi aprobada no último Pleno deixando enriba da mesa as dúas mocións presentadas neste sentido polo PP e polo BNG

Os tres partidos buscarán todas as opcións posibles, entre elas unha posible cesión, para levar adiante a rehabilitación. De todo os xeitos, se se produce esa cesión esixirán un compromiso firme das institucións para financiar a obra.

Por outra banda, antes de chegar a ningures, terán que consensuar co bispado, xa que é o propietario do inmoble.

A opción da cesión implicaría tamén que o edificio se dedicase a diferentes usos pero no descartan tampouco a posible aparición de inversores.

Na mesa de traballo cada grupo fará as súas aportacións para chegar a un consenso.

Pola súa banda, a asociación Patrimonio Laurentino considera moi positivo o acordo ao que chegaron os tres grupos para elaborar una plan de acción pero urxen o consenso tralo anuncio de Patrimonio de elaborar un proxecto de recuperación definitivo da cuberta no prazo dun ano.