Skip to main content
Axenda Caducada

Recollen doazóns de sangue o luns en Mondoñedo

Por 18 Abril, 2021Abril 19th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro luns día 19 en Mondoñedo para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo de 10.15 a 14.00 horas e de 16.45 a 21.00 horas na praza da Catedral, na baixada do seminario.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.