Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acolle a proxección dunha curtametraxe

Por 18 Abril, 2021Sin comentarios

O vindeiro venres día 23 de abril do 2021, ás 19:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da Curtametraxe Mondoñedo.

Esta curtametraxe conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces e participa xente do Concello.

Para a asistencia é preciso levar casos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe. O acto ten prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse no Concello de Mondoñedo a partir do luns día 19 (teléfono 982 52 40 03).