Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo contará cun taller de Márketing Dixital

Por 18 Abril, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O vindeiro sábado día 24 de abril do 2021, ás 19:30 horas, terá lugar no Pazo Santomé na rúa Julia Pardo de Mondoñedo, un taller de Márketing Dixital.

Abordaranse aspectos relativos a como entrar no mundo dixital con éxito, así como aproveitamento de ferramentas e medios para acceder ao entorno dixital dun modo axeitado.

Está organizado pola Universidade Rey Juan Carlos e o Concello de Mondoñedo e conta con prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse na Oficina de Turismo, teléfono 982 50 71 77.

A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.