Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo acolleu o II Encontro Xacobeo Peregrinas

Por 25 Abril, 2021Sin comentarios

Mondoñedo acolleu este sábado o II Encontro Xacobeo Peregrinas, no Centro de Interpretación do Camiño do Norte. O acto contou coa participación no coloquio como invitada da regatista, ouro nas olimpiadas de Londres 2012, Ángela Pumariega, así como coa actriz e humorista Sara Escudero, e a poeta Yolanda Castaño.

O de onte foi o segundo encontro do ciclo Xacobeo Peregrinas, enmarcado na programación do Xacobeo 2021-2022, que se estreou o pasado 13 de marzo en Santiago e inclúe dez sesións, con periodicidade mensual, abertas ao público. Cada unha das accións está dedicada a unha ruta xacobea distinta, co obxecto de por en valor a singularidade do seu percorrido e as experiencias das peregrinas.

Xacobeo Peregrinas recolle, en definitiva, esta idea de propiciar espazos comúns e lugares onde compartir historias situando a Galicia no epicentro do fenómeno da peregrinación e a muller como protagonista.

O programa pretende xerar espazos de reflexión que fomenten o intercambio de experiencias arredor da peregrinación e o Camiño de Santiago coa muller como protagonista. Para facelo, a Xunta conta en cada sesión con profesionais de distintas disciplinas e procedencias. Relatan a súa vinculación co Camiño de Santiago, contando en cada proposta un nexo de unión con el: un libro, unha historia, unha experiencia personal…

Mondoñedo foi o lugar elixido para este segundo encontro, polo seu peso histórico e cultural e para por en valor o Camiño do Norte do que é protagonista.