Skip to main content
Ribadeo

Un novo documental porá en valor o patrimonio subacuático da ría de Ribadeo

Por 5 Abril, 2021Sin comentarios

A Xunta de Galicia apoiará novamente ao proxecto Argos co desenvolvemento da súa segunda parte da man dos seus arqueólogos e da Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha.

O proxecto Argos 2 realizará un novo documental para poñer en valor o patrimonio subacuático da ría de Ribadeo. A primeira edición do proxecto permitiu exhibir o documental Lo que la ría esconde.

Dentro deste proxecto tamén se realizará unha exposición fotográfica itinerante e un libro-documental sobre o que gardan as augas da ría.