Skip to main content
Ribadeo

Supervisan as obras de mellora da praza de Ribadeo

Por 9 Abril, 2021Sin comentarios

Continúan en marcha os traballos de rehabilitación e reforma interior da praza de Abastos de Ribadeo, que se están a realizar cun orzamento de 59.000 euros, dos que a Xunta inviste case 39.000. Estas instalacións ribadenses se beneficiaron da convocatoria da Consellería do Medio Rural que consignou o ano pasado máis de 1,7 millóns de euros para reformar ou rehabilitar os mercados municipais galegos de venda de produtos agroalimentarios. O resto do orzamento estivo a cargo do Concello e o Ministerio de Agricultura.

Os traballos consistiron na renovación do saneamento da praza, dos baños, a instalación eléctrica, traballos de pintura e o cambio do pavimento, para darlle luminosidade e claridade coa axuda das novas luminarias leds. Así mesmo fíxose mellora de desaugadoiros, da rede de saneamento e da sinalización da praza.

As axudas que se destinaron a esta obra están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e o seu obxectivo é potenciar a comercialización de produtos agroalimentarios nos mercados municipais e prazas de abastos, que serven de dinamización económica e social dos territorios.