Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo acusa ao alcalde de abandonar os emprendedores do rural

Por 14 Abril, 2021Sin comentarios

Montse Seijo censura o desprezo do goberno do BNG aos emprendedores do noso municipio e o abandono do rural e esíxelle que “se involucre en apoiar aos emprendedores, máximo agora que necesitamos reactivar a economía local e o sector turístico”.

Así o explica a popular, coordinadora do rural, tralas críticas realizadas pola propietaria do establecemento de turismo rural Casa Benito, en Vilaframil, ante a actitude do alcalde e a falta de colaboración do goberno local ao que lle solicitou en diversas ocasións “o arranxo das pistas da parroquia en beneficio dos veciños da Madanela que sofren a diario o mal estado no que se atopan e para mellorar a imaxe do seu negocio que se ve moi afectado por este problema”.

Durante unha visita de membros do Grupo Popular, os responsables deste e doutros establecementos turísticos do municipio trasladáronlles as súas queixas polo estado da estrada de acceso a Casa Benito porque “esta é a única crítica negativa que fan os seus visitantes, a do acceso á casa que non é responsabilidade dos seus propietarios; senón que se debe ao abandono por parte do goberno local do BNG das infraestruturas municipais”.

Tamén teñen solicitado a instalación de contedores para o papel e o vidro para que os usuarios dos apartamentos e os propios veciños poidan reciclar. En calquera dos casos a resposta do goberno do BNG foi a mesma: “escusas, pero ningunha solución”. É máis, “non vemos ningunha intención por parte do equipo de goberno de apoiar aos negocios no rural”.

A popular sinala que “vimos recalcando dende fai tempo a falta dunha planificación seria para actuar nas infraestruturas municipais tal e como nolo trasladan os veciños”. Por iso mesmo, dende o Grupo Municipal Popular solicitan a creación dun plan serio de infraestruturas.

Montse Seijo non pode entender que se “ningunee peticións básicas dos veciños que están a impulsar negocios novos no noso concello e, sobre todo, no noso rural”. De feito, os populares pedirán explicacións ao respecto no próximo pleno.