Skip to main content
Axenda Caducada

A Biblioteca de Ribadeo convoca o tradicional certame das Letras Galegas

Por 19 Abril, 2021Maio 7th, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local. 

Na cita poden participar todas os nenos con narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara e con debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de  DIN A4 (folio), ambos os dous sobre o tema: o dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno).

Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de  cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor ou autora. 

Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos. O prazo de presentación rematará o vindeiro 7 de maio e os traballos deben ser entregados na Biblioteca Municipal.

O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. O fallo farase público despois do Día das Letras Galegas. 

Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.