Skip to main content
Axenda Caducada

Novo curso de Apaga Ribadeo sobre venda en liña e redes sociais

Por 27 Abril, 2021Maio 23rd, 2021Sin comentarios

Deu comezo en Ribadeo o curso sobre venda en liña e redes sociais, organizado por Apaga. Desde onte celebrarase todos os domingos pola tarde ata o próximo 23 de maio. Está a ser impartido por Andrea Lombardía e Silvia Martínez. Os destinatarios son o comercio local, as pemes e as microempresas.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, sinalaba hai uns días que “gozamos de ter uns produtos de alta calidade e de dar uns servizos francamente formidables. Iso sabémolo todos, pero moitas veces non se chega á xente ou non se sabe como chegar, e por iso ao final vaise a outro sistema de compra que resulta máis fácil. Penso que este tipo de cursos están abertos a todo tipo de entidades, non só as que vendan algo senón para aquelas que queiran posicionarse nas redes para dar a coñecer o que están a facer. Iso é importante tamén, non é tan só facer moitas cousas senón que hai que dalas a coñecer, que haxa unha visibilidade e unha difusión de elas”.