Skip to main content
Ribadeo

Piden o acondicionamento do Grupo San Miguel e Justo Barreiro en Ribadeo

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo non quere distincións entre “veciños de primeira e veciños de segunda”, segundo advirte a súa vicevoceira, Elena Sierra. Por iso no vindeiro pleno da corporación municipal os populares defenderán unha iniciativa para esixir o acondicionamento do entorno do Grupo San Miguel e Justo Barreiro.

Sierra reivindica “investimento para arrombar a contorna destes barrios que, a día de hoxe, atópanse bastante abandonados”. A explica que “despois de escoitar aos seus veciños, trasladamos a necesidade de dotar aos barrios de Grupo San Miguel e Xusto Barreiro de mobiliario urbano, contedores e farois; ademais de arranxar  as súas rúas e beirarrúas”.

O Grupo Municipal Popular agarda que o goberno local tome nota e actúe canto antes “dando resposta ás queixas dos veciños destas zonas que se merecen unha contorna limpa e coidado” e, polo tanto, “garantizando la igualdad entre nuestros vecinos”, segunda considera Sierra.