Skip to main content
O Valadouro

Xa hai gañadores do concurso de vestimenta do Valadouro

Por 6 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro fallou o premio de vestimenta tradicional convocado a través de Facebook con motivo da cancelación do Mercado de Primavera pola crise sanitaria.

A gañadora do certame foi Rita Bouza, con 1.079 gústame, que recibirá un vale para trocar no comercio local, do mesmo xeito que os premiados, tanto neste certame como no de zocas e o de fotografías.

O segundo clasificado foi o trío formado por Óscar, Yova, Perla e Platero, que recolleron 727 votos. En terceiro lugar quedou o pequeno Alexandre Rejes Canoura, con 650 mostras de apoio.