Skip to main content
O Valadouro

O novo plan de tráfico do Valadouro suscita polémica

Por 19 Abril, 2021Abril 20th, 2021Sin comentarios

O novo plan de tráfico executado recentemente polo Concello de O Valadouro, ao que se destinaron 50.000 euros do Plan Único da Deputación suscitou críticas e dúbidas na poboación, polo que os edís do Bng levarán este asunto ao próximo pleno.

Os nacionalistas afirman que este plan de ordenación do tráfico non foi consensuado con ninguén, nin cos grupos políticos municipais nin con ningún colectivo e a nova sinalización instalada ao abeiro deste plan en moitos casos está a crear mais problemas dos que existían coa anterior ordenación do tráfico. “Proba disto, afirma o portavoz municipal Eduardo Chao, é que desde que se instalou a nova sinalización xa se rexistraron tres colisións con sinais verticais, sendo derrubadas estas cando ainda non levamos nin unha semana de Plan”.

50.000 euros para “solucionar”un problema inexistente

Consideran que esta actuación é un despilfarro de cartos públicos, pois non está xustificada esta esaxerada inversión para modificar un ordenamento do tráfico co que non había ningún tipo de problema. “Hai moitas mais necesidades moito mais urxentes no concello e nas parroquias para incluir no Plan único ca esta inversión á que ninguén lle ve moito xeito”, afirmou Chao.