Skip to main content
O Valadouro

O venres subastarase a manda de cabalos atopada no Valadouro

Por 21 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro vai subastar as catro reses mostrencas de cabalos o día 26 de abril ás 10.00 horas na casa da cultura do Valadouro.

Procederáse á subasta pública dos catro cabalos que se atopan depositadas nun inmoble municipal e que se recolleron na parroquia de Moucide e supoñían un perigo á circulación na LU-162.

As citadas reses inclúen no prezo de saída os gastos de mantemento e os veterinario da colocación do microchip de identificación. Subastaránse polo sistema de propostas abertas resultando adxudicatario o mellor postor.

Os interesados deberán chamar ao Concello previamente para inscribirse á subasta. A data límite para as inscricións é o venres 23 de abril.