Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro sortea os primeiros nichos do cemiterio municipal

Por 23 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello do Valadouro fixo un sorteo público para entregar os primeiros nichos e columbarios do Cemiterio Público Municipal.

O ente municipal resérvase a titularidade de dúas filas de nichos para enterramentos de persoas con poucos recursos e inhumacións que ordene a autoridade xudicial.

Logo de realizar as primeiras concesións por sorteo entre os interesados, as seguintes adxudicacións realizaranse segundo a orde de solicitude e de forma correlativa.

Os interesados poden presentar a solicitude no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.