Skip to main content
O Vicedo

O Fuciño do Porco contará con novos aparcadoiros

Por 26 Abril, 2021Abril 27th, 2021Sin comentarios

Tralo recente aumento de visitantes ao Fuciño do Porco, o Concello do Vicedo comunicou que se atopan en tramitación dous proxectos de aparcadoiros, un por parte do Concello e outro de iniciativa privada que terá 5.300 metros.

O Concello do Vicedo leva tempo tratando de habilitar outra zona de aparcadoiro de 5.500 metros cadrados na que o principio estimábase que habería 180 prazas, “pero co POL, plan de ordenazion do litoral, haberá que baixalas a 140”, di o alcalde Jesús Novo, “xa temos consenduado con Costas todo e no verán do 2022 poderase comezar a súa construír”.

Este novo estacionamento será en terrazas, pois os acantilados e a orografía da zona non permite que sexan doutra maneira.

Desde o aparcadoiro existente ata o punto de control de acceso hai un paseo duns 20 minutos.