Skip to main content
Viveiro

Rematan a renovación de vías na parroquia viveirense de Magazos

Por 15 Abril, 2021Sin comentarios

O goberno municipal de Viveiro informa da finalización de varias actuacións de mellora e renovación en viais e camiños da parroquia de Santa María de Magazos.

En concreto, finalizaron os traballos de reposición do firme na pista denominada ‘Pista Veiga 2’, ubicada no lugar da Veiga, na parroquia de Santa María de Magazos.

Así mesmo, na mesma ubicación tamén se realizaron as obras de reposición do firme na pista Veiga 3 e na pista Granxas-Tilleira.

Estas tres obras, cun orzamento aproximado en conxunto de 40.000 euros, “dan resposta ás demandas dos veciños e veciñas da zona, mellorando as comunicacións na parroquia e aumentando a seguridade viaria de vehículos e peóns”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.​

As actuacións consistiron en labores de mantemento, tanto do firme existente mediante bacheo como de mantemento dos marxes do vial mediante a limpeza de cunetas, e en labores de mellora, co reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas que se axusten ás características do tráfico rodado que soportan.

Incluíron, ademais, o saneado e limpeza dos sumideiros de augas pluviais, repoñendo todas aquelas pezas e elementos que presenten algún tipo de deterioro.

Esta actuación forma parte do plan integral de mellora de viais e camiños do grupo de goberno de Viveiro, tanto no casco urbano como nas parroquias.