Skip to main content
Viveiro

Asociacións deportivas de Viveiro piden que as axudas sexan de concorrencia

Por 17 Abril, 2021Sin comentarios

As principais asociacións deportivas do concello de Viveiro reuníronse co BNG de Viveiro para trasladarlle as súas demandas.

A principal necesidade na que coinciden todos os clubes é a relacionada coas subvencións concedidas por parte do Concello de Viveiro, “até o de agora adxudicados directamente sen criterio algún coñecido e empregando a vía da excepcionalidade para a súa concesión, procedemento que dende as asociacións non consideran xusto polo que reclaman a posta en marcha dunha convocatoria de liñas de axudas por concorrencia competitiva, baseadas na igualdade de oportunidades e a total transparencia destinadas ás entidades sen ánimo de lucro (asociacións veciñais, culturais e deportivas) sen verse na obriga de ter que pasar, ano sí e ano tamén, polos despachos dos membros do goberno municipal”, dinde o BNG.

Demanda que por outra banda, “vimos reclamando dende o BNG en cada pleno orzamentario ao goberno do PSOE e que segue sen ser atendida co conseguinte perxuízo para as asociacións, xa que as cantidades establecidas na maioría dos casos é ridícula se se compara co gasto do desenvolvemento da actividade que realizan e non se axeita a ningún criterio que permita o reparto equitativo entre as asociacións”.

Así pois o BNG presentará no vindeiro pleno de maio unha moción para instar ao goberno de María Loureiro a aplicar a Ordenanza reguladora da concesión de subvencións do Concello de Viveiro que se aprobou en tempos do bipartito sendo concelleiro de deportes o nacionalista Xosé Antón Goás Basanta (Mitas), así como a creación dunha comisón da que formen parte todas as asociacións e clubes do concello de Viveiro para acordar as bases reguladoras da concesión de ditas subvencións.