Skip to main content
Viveiro

Aspanane Viveiro conta cun novo vehículo adaptado para persoas con dispacidade

Por 22 Abril, 2021Sin comentarios

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou na entrega dun vehículo adaptado á Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Viveiro (Aspanane). Este transporte foi adquirido polo colectivo gracias a unha axuda de máis de 30.000 euros da Xunta de Galicia.

Fernando González Abeijón salientou a vontade do Goberno galego por axudar a mellorar a vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Por iso, puxo en valor esta achega, financiada a través dos fondos do 0,7% do IRPF, que permitirá ofrecer facilidades no transporte ás persoas con algún tipo de discapacidade.

Logo da recepción do vehículo, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aproveitou a ocasión para visitar o centro de día da entidade. Alí coñeceu as persoas que acoden a realizar diferentes actividades para gañar autonomía persoal ou para adquirir novas habilidades.

Neste sentido, recordou que Galicia ten entre as súas prioridades a atención á discapacidade. Mostra deste interese é o incremento que aplicou ao investimento neste eido, que practicamente duplicou. Hoxe destínanselle 126 M€ a través dos Orzamentos da Comunidade Autónoma, mentres que hai doce anos eran 65 M€.