Skip to main content
Viveiro

O Resurrection Fest publica mañá o vídeo coa historia do festival

Por 28 Abril, 2021Sin comentarios

A organización do Resurrection Fest Estrela Galicia En liña non quere deixar quedar esta celebración no esquecemento e por iso mañá xoves, 29 de abril, ás 22:00 e por petición popular subirán ás súas redes un vídeo con todo o documental Resurrection Fest: a historia (2006-2020), editado especialmente para poder ver todo o seu contido de maneira continua. “É algo que nos pediades cando foi o Resurrection Fest En liña, e por fin poderédelo ver con calma nas vosas casas”, explican.

O vídeo inclúe a historia de como se creou o festival contada polos seus propios creadores, un percorrido pola edición de cada ano ata 2020 e declaracións dos artistas que pasaron por Resurrection Fest.

Trátase por tanto dunha mirada á historia de Resurrection Fest desde o interior do propio festival durante máis de 75 minutos que repasan estes 15 anos de paixón e música. “Se non podedes velo ese día, quedará subido na nosa canle para velo cantas veces queirades, así que contamos con vos”, conclúen.