Skip to main content
Viveiro

Loureiro pide á Xunta a reanudación do Servizo de mediación, arbitraxe e conciliación

Por 30 Abril, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, solicitou á Xunta de Galicia a reanudación do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Grazas a un acordo entre a administración local e o SMAC de Lugo, o servizo préstase un día á semana en Viveiro. O Concello facilita medios materiais e persoal administrativo para elo.

A prestación deste servizo quedou interrompido dende o inicio da pandemia, pero tendo en conta a situación actual e considerando que se trata dun servizo necesario para Viveiro, o concello remitiu o escrito referido, ao que se contestou dende a Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade indicando que se preve a súa reanudación en canto as circunstancias actuais o fagan aconsellable.

“Dende o concello estaremos pendentes para que a reanudación poida realizarse o antes posible, con todos os protocolos Covid-19 pero tendo en conta que falamos dun servizo moi necesario”, engade a alcaldesa de Viveiro.