Skip to main content
Xove

A ACD Xove organiza unha xornada de multiaventuras

Por 29 Abril, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva Xove ten previsto celebrar o próximo domingo 9 de maio unha xornada de actividades de multiaventura dirixida a rapaces dende  primeiro de Primaria a segundo de BAC.

O lugar de celebración será o RoqPark de San Roque, en Viveiro, e as actividades a realizar consistirán en circuítos de árbores, karts a pedais, con competicións e carreiras por equipos.

As inscricions estarán abertas do 30 de abril ata o xoves 6 de maio e esta poderá realizarse a través da web da asociación, www.acdxove.com.

A idea é a de pasar toda unha xornada no RoqPark, así como no Monte San Roque, con posibilidade tamén de organizar unha ruta de sendeirismo familiar, con subida o Penedo do Galo. Poden informarse sobre a mesma no 618 976 159.