Skip to main content
Axenda Caducada

Actuación teatral este domingo no Vicedo

Por 10 Abril, 2021Abril 11th, 2021Sin comentarios

O Grupo de teatro da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña presenta a obra A maxia dos sentimentos o domingo 11 de abril ás 19.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo.

Trátase dunha obra infantil pero que tamén pode ser apreciada por persoas de calquera idade afeccionadas ao teatro e con ganas de apoiar as actividades da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña.

A entrada é gratuita pero polas medidas sanitarias e de aforo está limitado a 60 espectadores.