Skip to main content
Axenda Caducada

Cribados na parroquia ribadense de Arante e en Barreiros

Por 11 Abril, 2021Abril 13th, 2021Sin comentarios

Tras o gromo detectado nas últimas horas en Remourelle, na parroquia ribadense de Arante, o vindeiro luns, 12 de abril, terá lugar un cribado para a prevención da covid19. O alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando, fai un chamamento á participación. As probas realizaranse no pavillón polideportivo situado na Avenida de Luarca. O Sergas comunicará previamente a hora á que deberán acudir a esta cita.

Por outra banda, tamén se fará un cribado en Barreiros este martes, concretamente no pavillón de San Cosme de Barreiros para descartar positivos tras a celebración de eventos grupais nas últimas datas no termo municipal. Un deles foi unha festa veciñal en Santo Estevo do Ermo na que participaron unha trintena de persoas.

Por esta razón tamén se pediu a participación no cribado aos asistentes ao roteiro realizado no Concello a fin de semana e tamén aos xogadores do Praias de Barreiros, que disputaron un encontro.