Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV móbil agrícola estará en Meira a finais de maio

Por 19 Abril, 2021Maio 28th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da ITV entre os días 26 e 28 de maio en Meira para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada na rúa Fray Vidal (urbanización O Carballal).

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás o 28, que atenderán só en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.