Skip to main content
Axenda Caducada

Este sábado, teatro infantil en Foz

Por 16 Abril, 2021Abril 17th, 2021Sin comentarios

Volve o teatro infantil á Sala Bahía de Foz. Será o sábado 17 ás 18:30 horas e nesta ocasión será a cargo de Baobab. Trátase dunha obra dirixida a un público infantil e familiar baixo o nome O lobo e a lúa.

Na descrición da obra po demos ler o seguinte: había unha vez un pequeno lobo que vivía coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que tiña que berrar, e cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.

No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir.

Lembramos que manteñen as medidas de seguridade necesarias seguindo o protocolo fronte á covid-19 e, por tanto.

Para a asistencia será necesaria a entrada que ten un prezo de 2 euros nenos e 3 para adultos, e poderase adquirir no 982 140 027.