Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Muras organiza un curso de primeiros auxilios

Por 18 Abril, 2021Maio 2nd, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras organiza para o domingo 25 de abril e o 2 de maio en horario de 10 a 14 horas, un curso de primeiros auxilios. O 25 de abril será na Casa do Médico de Muras e o 2 de maio na escola de Viveiró.

Este curso está pensado para maiores de 18 anos e servirá de aprendizaxe ante un accidente ou unha situación de emerxencia na vida cotiá: SVB, feridas, cortes, queimaduras, hemorraxias…

Estará impartido por María Inmaculada Pumariño Riguera, instructora de SEMICYUC e con diploma internacional en medicina de montaña. Para participar é necesario anotarse chamando ao 982 50 00 01.