Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Begonte organiza o I Concurso de lectura

Por 18 Abril, 2021Abril 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Begonte, organiza o  I Concurso de lectura, coa finalidade de conmemorar o Día do libro que se celebrará o próximo 23 de abril.

Para poder participar deberase facer unha pequena gravación de audio ou vídeo cunha duración máxima de dous minutos onde se amose unha ou varias persoas facendo lectura dun fragmento a escoller.

Establécense dúas categorías, unha de 3 a 12 anos que inclúe todos os participantes nados do 2009 en diante, e outro de 13 anos en adiante na que poderán participar tódalas persoas nadas ata o ano 2008.

Os concursantes, deberán enviar a súa proposta a través de Whatsapp ao número 619 455 026 indicando nome e apelidos, nome do libro ou obra así como o seu autor. Ademais deberase enviar o modelo de autorización de dereitos de imaxe incluído nestas bases como Anexo I perfectamente cuberto e asinado ó correo electrónico cultura@concellodebegonte.es.

O prazo de presentación remata o domingo día 25 de abril e comunicaranse as persoas gañadoras o xoves día 29 de abril tamén nas redes sociais do Concello así como na web municipal.

Para este concurso establécese un premio para cada categoría que consistirá nun lote de 3 libros adaptados á idade do participante e un agasallo sorpresa. Poderanse conceder un ou varios accésit dependendo da calidade e cantidade de participación no concurso.