Skip to main content
Axenda Caducada

Este sábado volve o teatro ao Pastor Díaz

Por 19 Abril, 2021Abril 24th, 2021Sin comentarios

O teatro Pastor Díaz de Viveiro continúa coa súa programación este sábado, 24 de marzo, ás 18.00 horas, coa escea Lázaro de Tormes.

Pedras de Cartón presenta un espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, por primeira vez contado case sen palabras. Unha obra para toda a familia narrada en clave de comedia a través dun coidado traballo de máscaras dirixido por Pablo Sánchez e Laura Sarasola e unha banda sonora orixinal creada por Davide González.

O elenco formado por Xosé Esperante, Xosé Vilarelle e Juan Rodríguez da forma a cada unha das pasaxes máis coñecidas desta universal historia da picaresca española. Unha maneira de introducir o amor polo teatro clásico aos máis novos da casa.

A reserva das entradas para cada función pode facerse a través do número de teléfono 982.56.01.62 ou do correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves.