Skip to main content
Axenda Caducada

A obra Cinco minutos sen respirar chega ao local Hipócrita

Por 23 Abril, 2021Abril 24th, 2021Sin comentarios

Hoxe, venres 23, e o sábado 24, ás 20h, Ítaca Teatro presenta Cinco minutos sen respirar no local Hipócrita (R/ Doutor Gasalla 18, baixo). Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

Cinco minutos sen respirar fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia… e de tantas outras cousas, que non da tempo a resumilas en cinco minutos. Protagonizada por Carlos Rebolo e Elea López e dirixida por Carlos Neira, é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

As entradas poden reservarse na web do local Hipócrita (a reserva será válida ata media hora antes do espectáculo) ou ben adquirirse no mesmo local dende unha hora antes do comezo do mesmo.