Skip to main content
Axenda Caducada

Novo espectáculo na Pobra do Brollón este venres

Por 28 Abril, 2021Abril 30th, 2021Sin comentarios

Este venres a Casa da Cultura da Pobra do Brollón será o escenario do espectáculo  Sentido Común, da compañía Tarabela Creativa. 

Os actores Ángeles Goás, Carmen Conde e Dani Blanco arman unha obra de narración  oral que quere recuperar “a toda esa pequena xente que fai grande o mundo, para que  non se esqueza a súa memoria, para que todas lembremos que temos algo que  contar”.

A obra está dirixida a un público xuvenil-adulto a partir de 13 anos. A hora de comezo é ás 20:15. A entrada é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.