Skip to main content
Axenda Caducada

Acordeireta actúa o sábado en Outeiro de Rei

Por 29 Abril, 2021Maio 1st, 2021Sin comentarios

Acordeireta, o dúo conformado por Patricia González Iglesias (pandeireta e voz) e Alex Balbuena (acordeón, bombo e voz), estará este sábado, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María para presentar o seu traballo Loitar cantando. O concerto, se o tempo acompaña, levarase a cabo na horta da Casa-Museo.

Estilo e son propios, nos seus temas (tradicionais, de autor e unha gran parte de creación propia) mesturan diferentes ritmos para crear un ambiente fresco e contundente, para escoitar, e tamén para bailar.

As muiñeiras, xota, rumbas… que interpretan falan de feminismo, do lume, da lingua, da emigración, da memoria histórica, dos animais… e non falta a poesía de Rosalía, Carvalho Calero, Celso Emilio, Curros Enríquez, Luz Fandiño…

O billete para asistir ao concerto é de 5 euros e é imprescindíbel reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou o whatsapp 698177621.

Cambio de horario

A Casa-Museo Manuel María comeza esta fin de semana o seu horario de verán. Desde este sábado, 1 de maio, e até o 26 de setembro, domingo, a Casa-Museo Manuel María ampliará o seu horario para ser visitada e poder coñecer a casa natal do poeta, a súa persoa e a súa obra. O novo horario de verán será sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs.