Skip to main content
Axenda Caducada

Monforte súmase ao III Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España

Por 29 Abril, 2021Maio 15th, 2021Sin comentarios

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Monforte de Lemos súmase o III Concurso de Microrrelatos da Red de Juderías de España que outorga fabulosos premios en viaxes. O Concello pertence á Red de Juderías de España.

Na edición do ano pasado, recibironse máis de 200 relatos ao II Concurso de Microrrelatos, entre os que houbo fabulosos premios e unha selección de 25 para a edición dun libro que se pode ler na nosa web.

Seleccionaranse polo menos as 25 mellores obras que serán publicadas nun libro que editará Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad.

A entrega do premio terá lugar nun acto público que organizarán os Concellos de onde procedan os dous premiados. Existirán ademais tres premios valorados economicamente con 1.000 euros, 750 euros e 500 euros para o primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente que poderán usar para a realización dunha viaxe polas nosas cidades organizada por unha empresa especializada en viaxes e designada pola Red de Juderías.

Os relatos poden mandarse até o 15 de maio de 2021. Admitiranse obras con hora de peche até as 23:59 horas deste día.

Para máis información sobre este programa poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico: descubridores@redjuderias.org