Skip to main content
Axenda LUGOXADeportes LUGOXAPortomarín

A proba ‘Os 21 do Camiño’, de Palas a Melide, será o 4 de setembro

Por 3 Abril, 2021Abril 5th, 2021Sin comentarios

A proba comeza en Palas de Rei

A media maratón ‘Os 21 do Camiño’, que une as localidades de Palas de Rei e Melide por un tramo do Camiño de Santiago, celebrarase o vindeiro 4 de setembro.

Así o veñen de comunicar os organizadores da proba, que o ano pasado tivo que suspenderse por mor da covid. Desta volta, din, trátase dunha “edición especial” xa que a carreira discorre na súa maioría por Camiño de Santiago e este é Ano Xacobeo.

Para a participación na proba, mantéñense as inscricións do ano pasado, que superaban as 700. As persoas que desexen anular a súa inscrición poden facelo, a partires do vindeiro luns e ata o día 30 de abril, enviando un correo electrónico a consulta@championchipnorte.com. Unha vez este solucionado ese trámite, o prazo para as novas inscricións abrirase novamente o día 19 de xuño.

Se a evolución da pandemia o permite, a media maratón, que percorre 21 quilómetros entre Palas e Melide, farase o 4 de setembro. “Somos optimistas en canto á celebración da carreira, pero a pandemia non nos permite celebrala comunicarémolo o 14 de agosto e cancelaremos a carreira coa posterior devolución do importe dos dorsais a todos os corredores”, explican desde a organización do evento.

AS ORIXES

Os 21 do camiño nace en setembro do ano 2013 da man da Asociación Deportiva Cerne, coa intención de facer unha carreira “na que o corredor popular se sinta gañador dende o momento da súa inscrición”.

Dita media maratón une as localidades de Palas de Rei e Melide por un “tramo espectacular” do Camiño de Santiago “no que podemos atopar asfalto, terra, empedrado ou monumentos medievais, todo esto enmarcado nun inigualable entorno natural”.