Skip to main content
Axenda LUGOXAPortomarín

A asociación As Espigadoras organiza novos obradoiros en Portomarín

Por 5 Abril, 2021Sin comentarios

A asociación As Espigadoras impartirá ao longo das vindeiras semanas diversos obradoiros en Caborrecelle, en Portomarín. No mes de abril haberá dous: un o sábado día 10, sobre construción caótica, e outro o domingo 25 sobre cestería creativa.

Xa no mes de maio, o colectivo impartirá un curso sobre elaboración de papel reciclado, o día 15, e outro sobre cestería de lazos, o día 16. A programación prevista pecharase o día 30 cun obradoiro de cestería na horta, soportes e valados para plantas.

As persoas interesadas en participar en calquera destes obradoiros poden inscribirse a través do correo asespigadoras@gmail.com ou chamando ao 659 28 65 28.