Skip to main content
Axenda Caducada

Piornedo Anda propón un novo roteiro para o domingo

Por 8 Abril, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

Piornedo Anda segue coa súa programación de roteiros de carácter etnográfico e fai unha nova proposta para a vindeira fin de semana. O colectivo percorrerá a ‘Ruta do meu compañeiro’ o domingo, día 11.

Como é habitual, a saída será ás 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, desde onde se iniciará un percorrido dunhas catro horas de duración.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que contará con explicacións da man de guías nativas sobre os usos e costumes tradicionais da montaña lucense, poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 ou 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de catro euros por persoa, e desde Piornedo Anda recomendan aos participantes levar pantalón longo e botas.