Skip to main content
Axenda Caducada

A Biblioteca Provincial de Lugo acolle o venres un espectáculo infantil

Por 13 Abril, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública Provincial de Lugo acolle o vindeiro venres, día 16 a partir das 20.00 horas, a actividade ‘Cantos contos e outras animaladas’,  a cargo de Ana Facchini.

O mundo animal será o protagonista desta sesión, que ten carácter gratuíto. Un galo cantareiro, unha ovella preguntona, un gato en apuros, unha rata fachendosa… Becha, becho, bechiño ou bechoco? Ovo, rato ou toupa? Habitante doutra galaxia ou doce mascota? Os asistentes poderán descubrir que se agocha entre tanta animalada.

Na actividade poderán participar 10 nenos e nenas, de 4 a 12 anos, e 10 adultos. Os interesados poden inscribirse xa na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982 828 329.

O espectáculo desenvolverase no salón de actos da Biblioteca Nodal e terá unha duración aproximada de 45 minutos.