Skip to main content

Por Breixo González

Hoxe imos falar de dúas enfermidade que estan relacionadas, e causan unha clínica complexa: son a Fasciolose e a hepatite necrosante

A fasciolose é unha enfermidade causada por un parasito chamado Fasciola hepatica que afecta principalmente aos ruminantes, aínda que tamén a outros animais domésticos e silvestres, e ao home. (polo que é unha zoonose) O verme adulto é aplanado en forma de folla, mide de 2 a 5 cm e localízase nos condutos biliares do fígado e produce un proceso inflamatorio que afecta ao estado xeral do animal podendo chegar a producir a morte.

Os ovos, eliminados ao exterior polas feces dos animais, eclosionan e penetran as larvas no  interior dun caracol moi pequeno  e cando esas larvas maduran , deixan o caracol para enquistarse na herba, plantas acuáticas e superficie da auga, e dá lugar ás metacercarias, (larvas con capacidade infectante) que son as responsábles de que se infecten os animais cando as inxiren co pasto ou coa auga de bebida.

En  ovino e caprino , soemos ver a forma aguda

Fasciolose aguda:

Destaca a presenza de edema submandíbular (abultamento debaixo da mandíbula), perda de peso e de brillo no pelo, a mucosa ocular pálida, baixa frecuencia respiratoria e febre,incremento do volume do fígado, debido a unha unha gran migración de larvas ou pola presenza dalgunha parasitose.

Pero outras veces  vemos unha forma cronica ou subaguda.

Nela vemos un adelgazamento progresivo do animal , con perda de pelo e empeoramento xeral do animal, tamén as mortes por goteo sen causa aparente  (da que falaremos das causas asociadas despois)  e empeoramento da función reproductiva.

Estas lesions no fígado , (asociado o viaxe das larvas, atravesando o fígado, fai posible unha infección secundaria por bacterias, que causa unha enfermidade coñecida como a hepatite necrosante

É unha enfermidade infecciosa, non contaxiosa, que provoca unha toxemia sobreaguda causada por Clostridium novyi. Afecta principalmente a ruminantes. Do mesmo xeito que a afección anterior é compatible a implicación doutros clostridios patógenos neste proceso. A aparición de brotes de enfermidade nos rabaños adoita coincidir con parasitoses hepáticas debidas a  fasciola,  ou dicrocoelium). As bacterias, de localización intestinal, chegan ao fígado e causa situacións patolóxicas como a necrose producida pola migración de trematodos, as bacterias xerminan no fígado e liberan as toxinas. Clinicamente o proceso caracterízase por unha síndrome toxémico que consta de abatemento, apatía, dificultade respiratoria e signos de tipo nervioso. A morte ocorre en menos de 4-6 horas (curso sobreagudo). Na necropsia os cadáveres mostran unha rápida putrefacción, exudados sero- hemorráxicos en tecidos subcutáneos e cavidades, así como necrose hepática, sendo frecuente observar no fígado a presenza de parasitos ou de traxectos.