Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O comité clínico permitirá reunións de non conviventes en domicilios

Por 7 Abril, 2021Abril 8th, 2021Sin comentarios

As reunións de persoas non covivientes en domicilios volverán estar permitidas en Galicia a partir da madrugada do próximo sábado 10 de abril. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañana, esta mañá.

Deste xeito, poderán celebrarse reunións de non conviventes en domicilios ata un máximo de catro persoas e en exteriores, o máximo seguirá sendo de seis persoas.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou finalmente rebaixar o nivel alto de restricións para o Concello de O Saviñao e mantelo para Rábade e A Pobra de Brollón, causados por gromos localizados pero que elevan o índice ao ser zonas pouco poboadas.

O resto de concellos seguirán fóra da alerta. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.

Deste xeito, o sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, quedará deste xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Rábade e A Pobra de Brollón.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.