Skip to main content
Antas de Ulla

A Deputación presentará o proxecto do Parque Central de Galicia o 17 de abril en Antas de Ulla

Por 1 Abril, 2021Abril 3rd, 2021Sin comentarios

O presidente provincial explicoulle o proxecto ao alcalde de Antas

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto á deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantiveron este mércores senllos encontros no Pazo de San Marcos co alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, e co presidente do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo, para avanzarlles e explicarlles o proxecto do Parque Central de Galicia. Trátase dunha iniciativa que impulsa a institución provincial no centro xeográfico galego, situado no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante.

Segundo explicou o presidente provincial, a intención é presentar publicamente o proxecto a todos os veciños e veciñas o vindeiro 17 de abril, nun acto aberto, no que exporá os detalles e as actuacións concretas que se acometerán.

Co proxecto do Parque Central de Galicia, a Deputación pretende crear un gran espazo público de lecer e natureza no centro xeográfico de Galicia, acondicionando e poñendo en valor este lugar, “o que  dinamizará o emprego e a economía do municipio de Antas de Ulla, da comarca e do conxunto da provincia”, salientou Tomé.

“Este ambicioso proxecto suporá un revulsivo turístico e económico para a comarca da Ulloa e para o resto da provincia, enmarcado no forte compromiso da Deputación polo reequilibrio territorial e a fixación de poboación no entorno rural, creando novos postos de traballo e dinamizando a actividade económica”, asegurou.