Axenda LUGOXABecerreá

Recollen doazóns de sangue o sábado en Becerreá

Por 8 Abril, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro sábado día 10 en Becerreá para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo de 10.00 a 15.00 horas diante da Farmacia de Arriba da localidade.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.