Skip to main content
Lugo

Diego As, campión compartido do concurso organizado pola Liga Nacional de Graffitis

Por 5 Abril, 2021Sin comentarios

Este luns déronse a coñecer os resultados das votacións da final das Graffiti Battles, organizadas pola Liga Nacional de Graffiti, e na que participaba o lucense Diego Anido Seijas, máis coñecido como Diego As.

Logo dunha votación popular moi rifada a través das redes sociais, con ao redor de 8.000 votos cada finalista, o xurado decidía, de xeito extraordinario, outorgar unha vitoria compartida entre Diego As e o vasco NexGraff.

“Vendo o traballazo feito polos dous participantes, o igualado que estivo en técnica, en limpeza, en orixinalidade, tamén vendo o igualado que estaba nos votos do público esta mañá… tomamos a decisión de dar un empate técnico”, explicaban os organizadores do certame. “Os dous son gañadores destas primeiras Graffiti Battles, os dous vanse levar o diploma como gañador e pasarán a formar parte da Liga Nacional de Graffiti”.

Diego As competía na final coa obra ‘New Virus Like’, un mural de 5×5 metros que realizou na Casa da Xuventude de Lugo.

A obra de Diego As