Skip to main content
Lugo

Abre o prazo de presentación de candidaturas para o posto de xuíz de paz en Monterroso

Por 5 Abril, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

Ábrese o prazo para presentar as candidaturas para optar ao nomeamento como xuíz de paz do concello de Monterroso, tal e como se recolle no anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia. O prazo estará aberto os vindeiros 15 días hábiles.

Poden optar ao nomeamento como xuíces de paz persoas maiores de idade que non estean inmersas en ningún procedemento xudicial por delito doloso ou que fosen privadas do pleno exercicio dos seus dereitos civís.

Entre os méritos considerados valórase a experiencia previa en idéntico cargo, a experiencia profesional na administración de Xustiza e a posesión da licenciatura ou grao en Dereito, se ben ningunha destas condicións é requisito indispensable.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo poden presentar a solicitude cumplimentada no Rexistro xeral do Concello de Monterroso, de xeito presencial ou telemático.

Os xuíces de paz son elixidos polo pleno da Corporación municipal de entre os candidatos que se presenten. O acordo debe reunir o voto favorable da maioría dos seus membros.