Lugo

A Biblioteca Pública de Lugo convoca un certame infantil de narración e debuxo

Por 7 Abril, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Lugo vén de convocar a fase local do certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2021. O tema elixido nesta ocasión é ‘O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural (art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno)’.

No certame poden participar todos os nenos e nenas que así o desexen, con narracións en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha cara, ou con debuxos feitos sobre cartolina de tamaño aproximado DIN-A4, sobre o tema proposto.

Establécense tres categorías para o concurso: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.

Os traballos deberán entregarse na Biblioteca Pública e o prazo de presentación pecharase o día 7 de maio. Cada autor pode presentar cantos traballos queira, que acompañará dunha folla co seu nome e demais datos persoais.

O fallo do xurado farase público antes do Día das Letras Galegas, e os traballos premiados nesta fase local do certame participarán logo na fase provincial.