Skip to main content
Lugo

Ciudadanos de Lugo reclama a apertura do canil das Estantigas

Por 9 Abril, 2021Sin comentarios

O recinto acondicionouse no mes de novembro

O concelleiro de Ciudadanos en Lugo, Juan Vidal-Pardo, denunciou esta mañá que o canil situado en Carril das Estantigas leva seis meses pechado. O edil criticou a xestión do goberno local que, lembrou, iniciou os traballos de actualización e mantemento dese espazo no mes de novembro “e medio ano despois aínda non foi capaz de abrilo ao público”.

O peche “inxustificado”, di a formación laranxa, “está causando perxurios aos numerosos usuarios deste equipamento”. Vidal-Pardo lamentou que o goberno municipal non considere prioritario este equipamento e afeou a “falta de información facilitada á cidadanía” a través das canles habituais de comunicación, como o 010 ou as oficinas municipais.

“O funcionamento do canil ata a súa pechadura era moi bo. É certo que se atopaba nun estado de mantemento lamentable e moi sucio. De tódolos xeitos ningún lavado de faciana, que é o que alí se realizou, xustifica un peche de medio ano. Recibimos de forma constante numerosas queixas cidadás desde o pasado mes de febreiro, con todo optamos por conceder certa marxe ao Goberno de Lara Méndez. Non obstante, isto é inasumible para calquera administración seria. É necesario que se abra de forma inmediata, sen máis demora”, concluíu o edil.