Os servizos de emerxencia traballan na extinción dun gran incendio orixinado na madrugada deste domingo na nave de pinturas Castro Parga, na rúa da Industria do polígono industrial do Ceao en Lugo. As lapas calcinaron a nave e afectaron alomenos a outras dúas próximas.
Un amplo dispositivo, formado por bombeiros, Policía Nacional e Local, traballan na zona, onde o lume segue activo e descontrolado. O incendio provocou unha densa fumareda que se pode ver desde toda a cidade.
Polo de agora non se coñecen as causas que orixinaron o lume, que solo ocasionou danos materiais.
A columna de fume é visible desde toda a cidade